mosqueravillavidal.com
Páxina de inicio de mosqueravillavidad.com Contactar con Mosquera Villavidal para enviar dudas ou suxerencias Enlaces recomendados Buscar en mosqueravillavidal.com CastellanoGallego Enviar e-mail a info@mosqueravillavidal.com
Información acerca de Mosquera Villavidal
Mapa gráfico con nuestra localización
Nuestro catálogo de productos
Galería de fotos de algunas de nuestras obras
Ideas de Mosquera Villavidal para buscar soluciones a sus necesidades
Parques biosaudables

A sociedade MOSQUERA VILLAVIDAL,S.L. nace no año 1990 no ámbito familiar como herdeira dun serradero con mais de 70 anos de antigüidade, unha das pequenas industrias que salpicaban o interior da provincia de Ourense no pasado século e que contribuiron a crear a sua tradición como zona madereira e sobradamente coñecida polos recursos dos seus montes.

Nos seus comezos a sua principal actividade era o aserrado de madeira, iniciándose no monte seleccionando a materia prima; pero co paso do tempo e atendendo as necesidades do mercado a empresa introduxose no tratado da madeira.

O seu maior obxetivo é dar ós seus clientes o mellor servicio e o máximo valor engadido no sector da madeira aplicando os avances da tecnoloxía, o que leva a MOSQUERA VILLAVIDAL,S.L. a ser unha das empresas pioneiras no tratado da madeira cun merecido recoñecemento dentro do sector, intervindo en innumerables obras e proxectos de todo tipo, sendo a sua garantia máis importante a seriedade con que se compromete a realizar todos os seus traballos. Na actualidade a nosa área de influencia abarca xa todo o territorio nacional e estamos tentando introducirnos no mercado internacional iniciándonos en Portugal debido a proximidade xeográfica.

MOSQUERA VILLAVIDAL,S.L. conta cun grupo de profesionais cualificados para os seus postos, desenrolando unha labor importante pois o seu esforzo e ilusión axuda ó crecemento da empresa. Dita plantilla está distribuida nos traballos de corte no monte, fábrica e montaxe de obras.

MOSQUERA VILLAVIDAL, S.L. aposta dende os seus inicios pola calidade e o respecto o medio ambiente, compromisos acreditados cas certificacións de calidade, norma UNE-EN-ISO 9001:2000 certificado número 4703, e medio ambiente, UNE-EN-ISO- 14001:2004, certificado número 874, así como os certificados de cadea de custodia, CdC, para a xestión forestal sostible PEFC, certificado número 14-32-00013. Así como o certificado de tratamentos fitosanitarios para embalaxes da norma NIMF-15 da FAO, certificado número ES-32-0002.

ISO 9001:2000 nº 4703 ISO 14001:2004 nº 874

Hoxe en día a empresa conta nas suas instalacións cunha superficie de 30.000 m2 dos cales 25.000 m2 pertencen ó almacenamento de materias primas e os 5.000 restantes pertencen ós distintos departamentos de: producción, tratamento, carpintería e almacenamento de productos rematados sen deixar de mencionar que en cada un deles contan ca máis moderna tecnoloxía como varios secadeiros totalmente automatizados cunha capacidade de 150 m3, un autoclave de 11 m totalmente controlado por ordenador, liña de pelado e mecanizado de estacas, etc.

En MOSQUERA VILLAVIDAL,S.L. somos fieis ó noso compromiso, dar a coñecer o mundo da madeira tratada e as suas aplicacións. Este catálogo é so unha introducción, o noso equipo técnico queda a sua enteira disposición para asesoralo persoalmente, tanto en pequenos traballos particulares como en grandes obras profesionais.

 

 

 

ANEXO I DECLARACION DA DIRECCIÓN

A Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL debido á sua decisión de implementar un Sistema de Xestión de cadea de custodia de productos forestais de acordo co documento Normativo Cadea de Custodia de Productos Forestais “Requisitos” elaborou un sistema que integra na empresa uns requisitos cos que pretende satisfacer as esixencias e requisitos que se derivan desta norma.

Así mesmo, a Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL comprometese a aportar os medios e recursos necesarios para que as directrices establecidas polo sistema sexan difundidos a todo o persoal da empresa para o seu coñecemento e entendemento e a que sexan implementados para comprobar a sua efectividad. Da mesma maneira promoverase que o sistema seguido pola empresa sexa tamén de coñecemento público poñendoo en coñecemento de clientes e proveedores para o coñecemento do propósito da compañía en todolos ámbitos.

A Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL comprometese a que se determinen os requisitos do cliente que solicita madeira certificada e se cumpla con eles. Así mesmo cumplirase e esixirá ós seus proveedores compromisos xurados que evidencien o cumplimento dos requisitos de madeira procedente dunha xestión sostible para poder seguir a cadea ó seu paso pola nosa empresa.

Para conseguir que esta implementación sexa eficaz, precisase da participación de todolos recursos dispoñibles de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL, tanto humanos como técnicos.

A Dirección de MOSQUERA VILLAVIDAL, SL é a máxima responsable de velar polo bo funcionamento e desenrolo do Sistema que toma como base a filosofía dunha mellora continua, obtida a través de métodos de seguimiento do proceso de cadea de custodia polas nosas actividades.